top of page

Chega a Arzúa o “Obradoiro de Nadal Igualix” un videoxogo en vivo para aprender valores en igualdade

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Xa está aberto o prazo de inscrición ata o 9 de decembro


Laura Moure/Arzúa

A Concellería de Igualdade do Concello de Arzúa, poñerá en marcha do “Obradoiro de Nadal: Igualix”, unha iniciativa gratuíta dirixida a nenos e nenas nados entre 2012 e 2020. Este programa desenvolverase no Multiusos Terra do Queixo, entre os días 23 de decembro de 2024 e 3 de xaneiro de 2025, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Para facilitar a conciliación familiar, os horarios de entrada e saída serán flexíbeis, permitindo a entrada entre as 9:00 e as 10:00 horas e a saída entre as 14:00 e as 15:00 horas

.

“Desde a Concellería de Igualdade queríamos ofrecer unha programación que incorporara e escoitara as demandas das familias usuarias ao mesmo tempo que garantimos cuestións básicas como o dereito a infancia ou acceso a espazos lúdicos educativos. Igualix é unha aposta por recoller a experiencia e demandas que as familias nos trasladaron estes últimos anos” declarou Adrián Gonçalves, técnico de igualdade do Concello de Arzúa.

O obradoiro busca dar resposta a dúas necesidades fundamentais. Por unha banda, pretende facilitar a conciliación laboral e familiar durante o período vacacional de Nadal, ofrecendo un espazo seguro e enriquecedor para as crianzas. Por outra banda, aborda unha temática transversal centrada na promoción da igualdade de xénero, con actividades que fomentan o respecto e a convivencia desde unha perspectiva educativa e lúdica. A través dun innovador formato de videoxogo en vivo, as crianzas terán que superar retos e “pasar de nivel” cada día, adquirindo valores e aprendizaxes nun ambiente participativo.


A concelleira de Igualdade, Lucía López, destaca que "este obradoiro representa unha oportunidade única para que as crianzas de Arzúa combinen aprendizaxe, igualdade e diversión a través dun formato innovador. Desde o Concello, seguimos comprometidos e comprometidas con ofrecer recursos pedagóxicos que faciliten a conciliación das familias sen descoidar a importancia de educar en valores fundamentais como a xustiza social e a igualdade".


Prazas e criterios de selección

O programa ofrece un máximo de 35 prazas. No caso de que a demanda supere a oferta, o proceso de selección priorizará:

  1. As crianzas empadroadas no Concello de Arzúa.

  2. Familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou con cargas de coidados especiais.

  3. A orde de rexistro das solicitudes.


Prazo e procedemento de inscrición

As solicitudes poderán presentarse entre os días 29 de novembro e 9 de decembro de 2024 a través das seguintes canles:

  • Sede Electrónica do Concello de Arzúa.

  • Rexistro Municipal, situado na primeira planta da Casa do Concello.

Será necesario achegar a seguinte documentación:

  • DNI do pai, nai ou titor/a legal.

  • Documentación que xustifique as circunstancias familiares especiais, no caso de que sexan aplicables.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Información adicional e contacto

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Centro de Información ás Mulleres (CIM) a través dos seguintes medios:


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page