top of page
Perruquería Marisa.gif

Chega a Arzúa o ciclo musical Nadal Sonoro con tres concertos na Capela da Madanela

Ecos da Comarca/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa retoma a programación de Nadal 2021-2022 este xoves, día 16 de decembro. Nesta xornada arrinca a proposta que se presenta como novidade no programa de actos deste ano. Trátase do ciclo de música para público adulto Nadal Sonoro que ofrecerá tres concertos na Capela da Madanela ás 21:00.


Este xoves actuará o dúo formado por Cristian Leggiero e Paty Lesta cun recital

homenaxe á música galega con temas clásicos adaptados a voz e piano. Cristian e Paty quixeron facer divulgación da nosa lingua a través da música do noso país en clave de jazz cun repertorio de 50 minutos que recolle alalás, cancións de labor, un poema musicado de Carvalho Calero e tamén panxoliñas. Así, neste concerto, soarán pezas como Negra sombra, Alalá das Mariñas, Camariñas ou Lela.


A apertura de portas será media hora antes do inicio, o acceso libre e o aforo limitado. O público asistente estará convidado a degustar un chocolate quente. O xoves 23 será a quenda para o trío Jazztá e o 30 de decembro para a solista Su Garrido Pombo.


18 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page