top of page

Chega a Arzúa a mostra 'Percorridos' de Rebeca Novo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Trátase dunha exposición de pintura da artista local que permanecerá na Capela da Madanela ata o 20 de xullo dentro da programación cultural do verán


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa da apertura dunha nova exposición dentro da programación cultural deste verán. Este xoves, 27 de xuño, ás 19:30 horas terá lugar na Capela da Madanela o acto de inauguración da exposición Percorridos da artista local Rebeca Novo. Esta mostra forma parte da programación cultural do Concello de Arzúa e está comisariada por Cristina Carballedo. Poderá visitarse na Capela da Madanela ata o 20 de xullo, de martes a sábados en horario de 19:00 a 21:00 horas.

A Capela da Madanela na que terá lugar a exposición.

A artista arzuá é licenciada en Belas Artes no 2006 e dende ese momento comeza a expoñer de forma individual e colectiva en distintos espazos institucionais e privados. Ten participado no Salón Internacional de Sarria, na Casa Museo Casares Quiroga en A Coruña, na exposición Good Way na Fundación Exponav en Ferrol, no Mosteiro de San Martín Pinario en Santiago de Compostela, no Centro Cultural Lustres Rivas e participa nas distintas edicións de Bo camiño e Arte na Rúa na Capela da Madanela en Arzúa, entre outras.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Foi premiada en distintos concursos de carteis como o do San Froilán de Lugo no 2010, e tamén gañadora do concurso de carteis da Festa do Queixo 2003 e 2004.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Nesta exposición a artista recolle os traballos destes últimos anos, moitos deles inspirados no Camiño de Santiago. As obras de Rebeca Novo destacan pola súa perfección técnica e a súa sensibilidade, buscando a inspiración no entorno que representa con estilo propio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

O concelleiro de Cultura, José Luís García, convida á veciñanza e visitantes a “arroupar á nosa veciña Receba Novo nesta nova proposta artística impulsada pola concellaría de Cultura e que forma parte dun programa de exposicións que desde o pasado mes de abril xa supera as 1.200 visitas e que continuará coas colectivas Bo Camiño en agosto e Arte na rúa no mes de setembro”.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page