top of page
Perruquería Marisa.gif

Chefs de renome e profesionais gastronómicos daranse cita en Lalín no foro 'Camiños gastronómicos'

A iniciativa terá lugar o 21 de novembro no Pazo de Liñares


Laura Moure/Lalín

O I Foro “Camiños Gastronómicos” terá lugar o próximo 21 de novembro no Pazo de Liñares de Lalín xunto a profesionais do sector, chegados de diversos puntos do mapa, que participarán en faladoiros nos que o turismo gastronómico e o Camiño de Santiago serán os eixos principais de debate. Desta maneira haberá un total de cinco faladoiros e unha cata gastronómica.

A cita dará comezo ás 9.15 horas coa apertura institucional, para dar paso ás seguintes mesas de debate:

  • 09:50 horas: A gastronomía nos Camiños de Santiago, na que participarán Fernando Huidobro, Presidente de Honor da Academia Andaluza de Gastronomía y Turismo e Marta Fernández, directora do Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

  • 11:00 horas: Experiencias gastronómicas como motor turístico, coa presenza do chef Álex Cabanas, do Restaurante Cabanas de Lalín, que participou no Festival Gastronómico en representación do Cocido Lalinense, e os chefs Juanjo Pérez Robredo, do Restaurante Cocinandos de León, así como Rocío Parra, do Restaurante En La Parra de Salamanca; ambos locais contan cunha Estrela Michelín e atópanse en tramos polos que pasan os Camiños de Santiago. Acompañaraos Begoña Blanco, Concelleira de Cultura e Turismo no Concello de Lalín.

  • 12:40 horas: Asociacións Gastronómicas Galegas: dinamizadoras dun turismo gastronómico sustentable, no que participarán representantes de cinco das asociacións culinarias galegas: Mar Orosa de Cociñeiros Lugo, Sergio Vázquez, de Vigo Gastronómico, Gerson Iglesias de Cociña Ourense, Javier Freijeiro de Coruña Cociña e Daniel Guzmán, de Grupo Nove.

  • 17:00 horas: Camiños e cocidos: viaxe gastronómica entre tradición e modernidade, os relatores son os chefs de tres recoñecidos restaurantes galegos: Diego López, do Restaurante La Molinera e referente do cocido galego en Lalín, Miguel González do restaurante homónimo en Ourense e Iria Espinosa, do Árbore da Veira de A Coruña.

  • 18:15 horas: Comunicar a gastronomía. Nesta mesa intervendrán xornalistas culinarios e especialistas en comunicación da talla de Miquel Iturriaga, de El Comidista, Martina Vicente, Coeditora de La Alacena Roja, revista especializada en gastronomía e turismo en Galicia e Ana Trevisani, Directora do Galicia Fórum Gastronómico.

Trala pausa para o xantar, os asistentes poderán realizar unha visita ás instalacións do pazo que acolle o evento. Por último, Estrelas Gastronómicas será o showcooking que servirá de colofón para o certame, un maridaxe de pratos selectos e de calidade combinado con cervezas Estrella Galicia, patrocinador do evento. O chef Iván Domínguez, do restaurante coruñés NaDo, será o encargado da proposta culinaria. O domingo 20, un autobús fará un roteiro pola comarca do Deza para dar a coñecer a medios e bloggers especializados os diferentes espazos vinculados coa gastronomía de Lalín. Os asistentes visitarán o Pazo de Anzuxao, a Taberna de Tais e as Fragas de Catasós. "Eventos destas características permiten situar Lalín na cabeza dun movemento gastronómico global co que desenvolver accións que se postulen como pioneiras dentro do sector en Galicia e que se sitúen na vangarda dos eventos estatais e europeos. Aproveitando o éxito e a traxectoria histórica da Feira do Cocido de Lalín, recoñecida como unha das Festas de Interese Turístico Internacional, búscanse novas vías para actualizar o concepto, dotalo de novo atractivo e convertelo nunha acción en liña coas tendencias gastronómicas globais", sinala o Concello. Neste proxecto, continuación do festival Cocidos do Camiño, colabora o Concello de Lalín, a Xunta de Galicia, e a produtora I-Radia Crea, responsables de impulsar este proxecto para poñer a Lalín no centro das cociñas vinculadas co Camiño de Santiago. A inscrición, gratuíta, pode facerse a través do e-mail info@caminosgastronomicos.gal ata completar aforo.

Festival Gastronómico O festival Cocidos do Camiño tivo lugar do 13 ao 15 de maio no Campo da Feira de Lalín como punto de encontro para os amantes da gastronomía e da música. Un formato de mercado para todos os públicos onde se degustaron diferentes posibilidades gastronómicas elaboradas de xeito simultánea por cociñeiros de renome e actuacións musicais de gran proxección internacional, que levan con orgullo a nosa lingua, cultura e tradición fóra da nosa terra, como é o caso de Tanxugueiras, Baiuca ou Eladio y Los Seres Queridos. Cociñeiros do Camiño de Santiago elaboraron catro elaboracións distintas do Cocido: Cocido de Lalín, Cocido Lebaniego, Pote Asturiano e Cocido Extremeño. Unha forma de unir a comida tradicional ó mundo e convertelo nun movemento gastronómico global a través dun prato de referencia en común.

28 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page