top of page

Charla en Arzúa para familias sobre lexislación, ocio nocturno e responsabilidades parentais

A sesión celebrarase o xoves 12 de febreiro e contará coa participación de Martín Camba, da Policía Local de Santiago de Compostela,


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, a través da Concellería de Xuventude, organiza unha charla informativa dirixida a nais, pais e persoas titoras coa que se pretende poñer enriba da mesa preocupacións que están presentes no día a día das familias en relación coa saída nocturna dos seus fillos e fillas.

A sesión celebrarase o xoves 12 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa de Correos, e contará coa participación de Martín Camba, da Policía Local de Santiago de Compostela, cunha ampla traxectoria profesional, con 23 anos de experiencia no corpo, 16 deles na quenda nocturna, o que lle permite achegar unha visión directa e realista das situacións que se dan no lecer nocturno e na realidade cotiá da mocidade.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A actividade desenvólvese en colaboración coa Policía Local e trátase dunha iniciativa que xa foi desenvolvida en 28 concellos da provincia da Coruña, con boa acollida por parte das familias participantes.


A charla está concibida como un espazo de confianza e diálogo, no que se abordarán con normalidade preocupacións habituais das familias, facendo accesible información sobre cuestións como o acceso de menores a locais de ocio nocturno, o consumo de alcohol e bebidas enerxéticas, os cambios na normativa vixente e as responsabilidades legais no ámbito familiar.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

O concelleiro de Xuventude, Daniel Moscoso, explicou que “con esta charla queremos abrir un espazo de confianza no que as familias poidan falar con normalidade das preocupacións que están presentes no seu día a día”. Engadiu que “contar con profesionais e persoas que coñecen ben esta realidade axuda a entender mellor á mocidade e a acompañar aos menores con máis información, sen alarmismos e con responsabilidade compartida”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde a Concellería de Xuventude destácase a importancia de promover este tipo de encontros como ferramentas de acompañamento e prevención, reforzando o diálogo entre familias, mocidade e administracións públicas.


A actividade é aberta a toda a veciñanza e non require inscrición previa.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page