top of page

Cerca de 200 participantes de oito países mídense na Cuádruple Canedupo de agility, en Silleda

Celébrase dende onte ata o domingo na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda convértese desde onte e ata o vindeiro domingo ao mediodía en referencia para o mundo do agility coa celebración da Cuádrupla Canedupo. Esta competición, cunha duración de catro días, é a primeira organizada pola asociación Galician Agility Festival e conta con gran nivel tanto por número e procedencia dos seus participantes como polos nomes que figuran entre eles.

Así, dende onte compiten nela preto de 200 binomios de oito países, como son España, Portugal, Italia, Alemaña, Reino Unido, Polonia, Suíza e Venezuela. Entre eles destacan figuras deste deporte canino como os españois Axular Casado, Óscar Morales, Alejandro Sequeiros ou Jacobo Martí, a italiana Verónica Odone, a polaca Joanna Michalska ou a británica Marita Ogilvie.


A competición conta ademais con dous dos máis prestixiosos xuíces españois a nivel internacional, o canario Héctor Ramírez e o vasco Pedro Martínez. Estes xulgarán unha proba cada día, ademais do Open Nudesa, o cal se celebrará o vindeiro sábado e repartirá premios para os tres primeiros clasificados. O segundo e terceiro clasificado de cada categoría recibirán un trofeo, un agasallo dos patrocinadores da competición e unha inscrición para a Galican Agility Cup, mentres que o vencedor sumará a estes un premio en metálico de 200 €.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Horarios da competición

A Cuádrupla Canedupo realizou onte o test de sociabilidade RSCE aos cans participantes e onte pola tarde levouse a cabo a primeira das probas, mentres que hoxe a partir das 15:00 horas desenvolverase a segunda.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Mañá, sábado, a partir das 9:00 horas terá lugar a terceira proba, para dar paso ás 16:00 horas ao Open Nudesa. O domingo a partir das 9:00 horas disputarase a última proba.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page