top of page

Cerca de 100.000 personas acuden a la 44ª Abanca Semana Verde de Galicia, en Silleda

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Os expositores, que nos salóns de alimentación e turismo acadaron cifras récord, expresaron a súa satisfacción e a maioría confirmou que volverá á edición de 2023


Laura Moure/IsmaelRS/Silleda

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia pechou hoxe as portas da súa 44ª edición recuperando o atractivo que a caracteriza e que a converteu nunha cita de referencia, tanto pola súa gran exposición como polo seu completo programa de actividades. A falta de case dúas horas para o seu peche, o certame recibiu dende o pasado xoves a 95.042 visitantes. Estes foron rexistrados, do mesmo xeito que en 2019, a través dun sistema de cámaras con software intelixente situadas nas entradas ao recinto que permite á organización ter cifras totais de asistencia con maior precisión e cuxo provedor é a empresa Intermax.


ECOS DA COMARCA FIXEMOS UN PERCORRIDO ESTE DOMINGO POLA FEIRA. TODA A INFORMACIÓN NO VÍDEO:

No certame estiveron presentes 693 expositores directos de 9 países, aos que se sumaron 267 firmas representadas, as cales xunto ás empresas presentes directamente procedían de 24 países. Estes expositores ocuparon 16.036 metros cadrados netos, que sumados á superficie correspondente as actividades ascenderon a 75.559 metros cadrados. Destacaron os récords tanto en número de expositores como en superficie dos salóns de alimentación e turismo da feira. En canto ao Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca), contou cun 9,3% máis de expositores e case un 1% máis espazo que na súa maior edición, a de 2019, mentres que en Turexpo Galicia os expositores aumentaron un 9% e a superficie un 23,4% respecto a a súa mellor cita, tamén a de 2019.


A estas excelentes cifras de participación e asistencia únese unha importante xeración de negocio tanto a nivel expositivo como nos encontros con turoperadores e compradores dos salóns de alimentación e turismo. Todo iso foi valorado moi positivamente polos expositores, que se mostraron moi satisfeitos con esta edición. Tanto é así que a maioría deles confirmaron que participarán na edición de 2023 e nalgúns casos nos que estiveron presentes de forma agrupada mesmo indican que o farán individualmente. A feira destacou unha vez máis pola súa diversidade, xa que ademais dos certames paralelos, centrados en alimentación, turismo, caza, pesca e natureza, contou con numerosos sectores que van desde gandería, bioenerxía e pequena maquinaria ata mobiliario e artesanía, ademais de moitos outros produtos e servizos. Un atractivo que se trasladou tamén ao seu amplo programa de actividades, entre as que houbo tanto propostas para profesionais como para público xeral.


Certames paralelos e 200 actividades

O salón de alimentación Salimat Abanca foi un ano máis un importante espazo de negocio, destacando unha gran presenza de institucións públicas doutras comunidades. Os seus Encontros Internacionais de Compradores, organizados co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), acolleron máis de 1.300 reunións entre 151 empresas e 28 importadores e distribuidores de 17 países. A súa área Alinova contou con 80 innovacións, mentres que no seu programa houbo numerosas catas, masterclass, showcookings con televisivos chefs como Xoanqui Ameixeiras ou Iván Mariñas, finalista de Masterchef 8 e tamén, esta tarde, unha demostración de coctelería a cargo de Joel Forján, Mellor Barman Xoven Galego 2022. Tamén incluíu o segundo concurso de tortilla española, que tivo lugar hoxe, ou o Encontro Gastroblogger.


Turexpo Galicia e Festur, que se celebraron co respaldo da Axencia Turismo de Galicia, contou coa presenza de empresas e entidades do sector turístico, entre os que destacaron as novas participacións con Xordania como país invitado, e tamén 34 concellos que promocionaron 44 festas galegas de interese turístico. Na súa vertente profesional incluíuse o V Encontro de Bloggers de Turismo e destacou a Bolsa de Contratación Turística, que celebrou preto de 2.100 reunións entre 134 empresas e 35 operadores turísticos de 11 países.

En canto a Fecap Abanca, que contou co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, ofreceu de novo un interesante programa, co I Concurso Monográfico do Club Español do Grifón Nivernés, a Exposición e Presentación de Cans de Caza, exhibicións de cetrería ou talleres de montaxe de moscas de pesca a cargo de Álex Puente. A Dirección Xeral organizou diversas actividades relacionadas coa natureza.


As propostas caninas e ecuestres volveron ser outro dos atractivos do programa desta edición, podendo desfrutar no caso das primeiras con propostas como a IX Proba da liga Autonómica de Agility e tamén a II Copa Federación Abanca Semana Verde de Galicia desta modalidade, actividades do Can de Palleiro, o Concurso Nacional Canino de beleza ou unha exhibición da Unidade Cinolóxica do Terzo Norte de Infantería de Mariña. Nas ecuestres destacou o VIII Galician Championship E.C.A.H.O Internacional C de cabalos árabes, o cal é o único morfolóxico con categoría internacional que se celebra este ano en España, o taller sobre “Coidado e ferraxe do pé do cabalo” ou o Concurso Morfolóxico Oficial Cabalo Pura Raza Galega.

Uns dos exemplares bovinos da feira. Autor: Ecos da Comarca.

Na área de gandería destacaron as razas autóctonas de Galicia, con exposicións tanto de Rubia Galega e de Galiña Piñeira como das razas en perigo de extinción, realizando estas últimas os seus concursos morfolóxicos e tamén o III Concurso Nacional de Manexo da Raza Porco Celta. Así mesmo, puidéronse ver impresionantes bois das razas Minhota, Barroça e Maronesa e exhibicións de tiro con carro tradicional galego, ademais de poder asistir a conferencias centradas na avespa velutina, as razas autóctonas, o sector porcino ou as axudas Next Generation á agricultura e gandería.


O programa completouse con outras propostas lúdicas de gran de interese, como shows de trial a cargo de dous pilotos con récords Guinness; unha exposición de dinosauros animatronics, a VII Carreira Popular, o III Open de Xadrez, realización de esculturas con motoserra ou unha experiencia virtual inmersiva nunha granxa. En total foron máis 200 actividades distintas, as cales conformaron un programa para todos os públicos.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page