Centos de persoas asisten á Festa da Madalena no Pino
- ecosdacomarca

- 24 jul
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
Centos de persoas achegáronse un ano máis ata a área recreativa de Castroeito para participar este 22 de xullo na Festa da Madalena, festivo local no Pino.

A misa solemne comezou coa recepción do funcionista xunto ao cruceiro e rematou coa tradicional procesión, acompañada pola Charanga Os Celtas.
PUBLICIDADE
A familia Bello, que portou este ano a imaxe da virxe, cédelle o privilexio á familia Recaredo de la Hoz e a Carlos Lemos, tamén de Castrofeito, que custodiarán á Madalena ata o ano que ven.
PUBLICIDADE
Despois da sesión vermú co grupo Alaska e o xantar popular na carballeira e arredores, a festa continúa pola tarde cun DJ e a verbena amenizada polos grupos Ráfaga e Alaska.








Comentarios