top of page

Cegoñas que veranean en Preguntoño e Belmil

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

ECOS DA COMARCA avistou exemplares nestes lugares de Arzúa e Santiso


Laura Moure/IsmaelRS/Arzúa/Santiso

Nos últimos anos é moi frecuente avistar cegoñas no rural galego, e incluso, cada vez voltan máis cedo. Estas que ECOS DA COMARCA filmou foron vistas hai uns días en Preguntoño, na parroquia arzuá de Burres, e en Belmil (Santiso).


O nome científico das cegoñas é Ciconia Ciconia. Son de gran tamaño, tendo en conta que as ás abertas poden superar no caso dos exemplares adultos os dous metros. A lonxitude do corpo, dende o pico á cola é duns 1,10 metros e pode chegar a pesar ata catro quilos sendo en xeral o macho moito maior en todos os aspectos á femia, polo que o seu peso habitual adoitar ser de dous quilos e medio ou tres nas femias adultas.


Prefiren vivir en zonas próximas a ríos, marismas ou lagoas e elixen para facer o seu niño os lugares altos, como os campanarios das igrexas ou as torretas eléctricas, sendo estas últimas un perigo.


Alimentación

Son aves carnívoras. Aliméntanse de todo tipo de insectos, ras, serpentes e peixes. Tamén é posible que coman aves moito máis pequenas ou tamén poden cazar ratos ou toupas, así como vermes.

Cegoñas no seu niño en Preguntoño, Arzúa.

Autor: Ecos da Comarca.


Cegoña avistada en Belmil (Santiso).

Autor: Ecos da Comarca.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page