top of page

Cea de Nadal da empresa dezá Culinaria

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ten unha nova nave en fase de construción que agarda que estea operativa en 2025


Ecos da Comarca/Silleda

A empresa dezá Culinaria, referente galego en restauración colectiva e social, celebrou recentemente a súa tradicional cea de Nadal na Casa Rural Casa con Encanto O Refuxio, en Merza, Vila de Cruces. Neste encontro, que reuniu a traballadores e directivos, a dirección compartiu os plans estratéxicos para o futuro, destacando un ambicioso proxecto de crecemento a longo prazo.

Tras gozar dunha cea que fomentou a convivencia entre os máis de 150 profesionais da empresa, a xerencia liderou unha presentación sobre o futuro de Culinaria. Expúxose o proxecto de construción dunha nova nave que está xa en fase de construción e, segundo as previsións, operativa no próximo ano.


Esta infraestrutura, deseñada para afrontar o crecemento previsto en 2025 e os anos próximos, permitirá á compañía ampliar a súa capacidade de produción e optimizar os seus servizos en toda Galicia.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A velada non terminou aí, tras a presentación, traballadores e directivos compartiron un animado momento de baile, reforzando os lazos entre o equipo nun ambiente festivo e relaxado. Con máis de dúas décadas de experiencia e preto de 20.000 pratos distribuídos diariamente, Culinaria reafirma o seu compromiso coa innovación, a sustentabilidade e a calidade que a consolidaron como líder no seu sector. A cea de Nadal deste ano simboliza non só un peche a 2024, senón tamén a apertura cara a un 2025 cheo de retos e oportunidades para a empresa e o seu equipo.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page