top of page

Caxoto cautiva aos máis pequenos en Agolada

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Agolada

O Auditorio Municipal Manuel Costa Casares de Agolada acolleu este domingo o contacontos de Caxoto que levaba por título Un libro baixo a almofada.


Foi algo máis dunha hora na que se divertiron grandes e pequenos. Caxoto trouxo a Agolada un conto no que se misturaban varios dos tradicionais. Pola súa historia pasaron Carapuchiña Vermella, a avoa, o lobo, os tres porquiños e os sete cabritiños. Sabedes por que? Porque era o aniversario do lobo e todos os demais prepararon unha festa sorpresa! Sorpresa tamén foi para o público que non agardaban un final feliz, máis ben esperaban que fora terrorífico.


Sen dúbida, Caxoto conseguiu meter no peto aos máis cativos.


Aquí vos deixamos un anaco do contacontos en Agolada.



0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page