Ecos da Comarca/Lalín Sobre as 12:15 horas deste mércores, un particular indicou ao 112 que unha xunta de dilatación levantada provocou danos en catro vehículos que circulaban polo carril esquerdo da AP-53, no quilómetro 50 en Lalín (sentido Santiago).

A causa do incidente, unha muller cuxo coche se viu danado pola avaría na vía solicitou asistencia sanitaria debido a que se atopaba algo intranquila.
Ademais, a Guardia Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada enviaron efectivos ao punto co fin de comprobar a situación da estrada e evitar outros accidentes.
Comments