Catro puntualizacións do BNG de Agolada ante o "conflito entre a banda de música e o Concello"
- ecosdacomarca
- 28 nov 2024
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Ante o conflito arredor da Banda de Música Municipal de Agolada e o Concello, o BNG deste municipio quere facer catro puntualizacións.
1º. Problemática das subvencións. "Levamos tempo reclamando que as subvencións se axusten á legalidade vixente: que deixen de ser nominativas é dicir “dadas a dedo” e pasen a ser en réxime de concorrencia competitiva. As diferencias entre as dúas modalidades son obvias, ás nominativas, o único que buscan é crear unha rede clientelar e política de amigos. As de réxime competitivo son as únicas legalmente recoñecidas onde as subvencións concédense en base a un proxecto anual con criterios obxectivos, medibles e avaliables. Antes o PP e agora PAYJ son moi propensos as subvencións nominativas porque é un xeito moi cómodo de manter a rede clientelar".

"A parte das subvención pode, e deben, asinarse convenios de colaboración cuxo obxectivo principal debe ser o beneficio mutuo de ambas parte, por un lado a banda obtendo máis recursos e por outra, o pobo agolense desfrutando coas súas actuacións, sempre buscando o interese xeral do noso concello".
2. Problemática da falla de espazos para a escola de música. "Consideramos que o lugar
natural para albergar esta escola é o auditorio en cuxos baixos estaba previsto a creación de aulas para este fin. De quen é responsabilidade que non se fixeran? Poden repartilas a partes iguais entre PP e PAYJ, os primeiros por non executalas antes do certificación e os segundos por levar cinco anos sen investir un euro no mesmo. En tanto este espazo non estea habilitado, haberá que buscar unha solución temporal, é cuestión de vontade por todas as partes, aínda que para iso deben reunirse e tratar de chegar acordos, poñendo fin a este cruce de comunicados e acusacións por ambas partes que a ninguén beneficia".
Publicidade
3. "Os gastos da escola de música actual, como edificio municipal que é, deben correr todos a cargo do concello. Falamos de mantemento e todos os servizos precisos para a adecuada utilización por parte do alumnado e profesorado".
4. "Finalmente queremos deixar claro que a banda é patrimonio de toda a veciñanza de Agolada e fraco favor lle fará quen intente instrumentalizala", recalca o BNG agoladés.
Comentarios