Catro persoas trasladadas tras un accidente entre seis vehículos
- ecosdacomarca

- 16 dic 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Catro persoas tiveron que ser trasladadas tras un accidente de tráfico no que se viron implicados seis vehículos na AG-11, á altura do quilómetro 28, ao seu paso por Lampón, no concello de Boiro.

Os feitos producíronse arredor das 08:15 horas, cando un particular contactou co 112 Galicia para informar dun vehículo que se saíra da vía e chocara contra a mediana. Poucos minutos despois, varias persoas alertaron de que, como consecuencia deste primeiro sinistro, outros vehículos colisionaran contra o coche accidentado.
Publicidade
De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia activáronse os recursos necesarios, informando ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil.
Publicidade
Segundo indicaron os equipos desprazados ao lugar, finalmente foron seis os vehículos implicados e catro persoas resultaron feridas, sendo trasladadas ao centro hospitalario de referencia con diversas consideracións clínicas.
ACTUALIZACIÓN: Segundo a última información facilitada polos axentes da Garda Civil de Tráfico, no punto rexistráronse dous accidentes: o primeiro foi unha saída de vía e, posteriormente, como consecuencia deste, outro vehículo colisionou contra un camión.








Comentarios