top of page

Catro persoas feridas en Arzúa tras chocar o coche no que viaxaban contra unha árbore

Ecos da Comarca/Arzúa

O 112 Galicia informa que foron trasladados os catro ocupantes dun turismo que chocou contra unha árbore en Arzúa. Aínda que en principio non presentaban feridas de consideración, todos foron evacuados a un centro médico.

O coche afectado. Autor: Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.

Un particular chamou ao 112 Galicia dez minutos despois das 22 horas de onte, mércores, e explicou que un coche acababa de colidir contra unha árbore no lugar do Rial, en Pantiñobre.


Desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa e da Garda Civil de Tráfico.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Á chegada dos bombeiros os ocupantes estaban fóra do automóbil polo que o operativo consistíu na sinalización da incidencia, o control do tráfico e a desconexión das baterías do vehículo, tal e como indica prensa do Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.


No coche viaxaban catro persoas, que finalmente tiveron que ser evacuadas ao centro hospitalario de referencia polo persoal sanitario.

Komentáře


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page