Estiveron a pasada fin de semana neste castelo palense
Ecos da Comarca/Palas de Rei

Catro Ordes Militares (Santiago, Calatrava, Temple e Malta) visitaron esta pasada fin de semana o municipio de Palas de Rei e donaron ao este Concello diversos obxectos (uniformes, utensilios,…) para a súa exposición, tanto en Pambre como en Vilar de Donas.
Ó fronte da comitiva, que foi recibida polo alcalde, Pablo Taboada, no Castelo de Pambre, estaba o doutor palense, Miguel Darriba, orixinario de Palas de Rei con raíces e familia neste municipio.
Estas Ordes Militares, que poñen en valor o Camiño de Santiago, aproveitaron estes días para coñecer a comarca. O grupo con preto dun centenar de membros visitaron o Castelo de Pambre, así como, outros lugares de interese da contorna.
Comments