top of page

Catro membros dunha familia, evacuados con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Vigo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Catro membros dunha familia de Lavadores, foron evacuados esta mañá con síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono. Tres deles atopábanse no domicilio, e unha menor afectada xa estaba no centro educativo.

Todo sucedeu pasados escasos 15 minutos das 8 horas desta mañá no domicilio situado na Rúa Barreiro, en Lavadores, Vigo. Segundo informou o equipo sanitario a través do 112 Galicia, unha familia de catro membros presentaba un cadro médico compatible cunha intoxicación por monóxido de carbono.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Faltaba, por tanto, comprobar mediante as correspondentes medicións se efectivamente a acumulación deste gas no interior da vivenda provocara o malestar da familia. Deste xeito, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos bombeiros de Vigo e dos axentes da Policía Nacional e Local. Unha vez no punto e despois de realizar a inspección necesaria, os medios ata alí desprazados confirmaron a alta concentración de monóxido no domicilio debido a unha mala combustión dunha estufa de butano.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Pola súa parte, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, trasladou á familia afectada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

 
 

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page