Ecos da Comarca/Agolada
Esta tarde rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Agolada no que se viu involucrado un único vehículo e que se saldou cunha persoa ferida. Pero se a mala sorte impera en todos os accidentes, neste caso, esta aínda foi máis dura, xa que o vehículo accidentado viaxaba a súa nova casa tras ser adquirido facía horas tras mercalo.
O coche afectado. Autor: Ecos da Comarca.
O suceso ocorreu na estrada PO-840 (o vial que enlaza Agolada con Melide) á altura da parroquia agoladesa de Borraxeiros. O 112 Galicia foi alertado ás 19:38 horas. Ao lugar desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Agolada e unha ambulancia do 061, xa que a condutora, e única ocupante, tivo que ser trasladada ao hospital de referencia porque sobre todo queixábase dunha dor no peito, pero a priori non revestía gravidade.
ECOS DA COMARCA tamén nos acercamos ao lugar. O impactante deste accidente é que o vehículo afectado facía horas que estaba en mans da súa nova condutora. "Somos da Coruña e viñamos de Ourense de buscar o coche que compramos", indicounos o home da afectada.
El conducía outro vehículo e ía diante da súa esposa cando esta sufríu a saída de vía. "Nunca tivo un accidente, pero empezou a chover con moita intensidade. Pero o importante é que ela estea ben. O coche é o de menos", comentounos.

Desexámoslle unha pronta recuperación!
Commentaires