top of page

Catro empresas de Melide, unha de Arzúa e outra de Touro reciben axudas para mellorar a actividade

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Trátase dunha orde de subvencións da Xunta para levar a cabo investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader)


Laura Moure/Comarca de Arzúa/Terra de Melide

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural, José Manuel Santos Maneiro, visitaron a empresa Lácteos Ferrado Verde, unha das beneficiarias con máis de 100.000 euros da orde de axudas para levar a cabo investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader). Estas axudas repartirán entre 11 empresas da área de Santiago, algunhas das comarcas de Arzúa e Terra de Melide, máis de 4 millóns de euros que mobilizarán en investimentos nesta área máis de 11 millóns de euros.

Así, esta orde de axudas busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios. No caso das subvencións, consistiron en axudas para a execución deses proxectos, mentres as garantías para préstamos consistiron en garantías do 80% do risco inherente a cada empréstito formalizado destinado a financiar os investimentos.


Para iso, foron suxeito de subvención actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables. Tamén, estas achegas sufragarán a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, como novidade, deuse prioridade ás asociacións de produtores que se uniron para levar investimentos en común. Deste xeito, concedéuselles a máxima puntuación no apartado de beneficio a produtores dos criterios de valoración ás cooperativas agrarias galegas ou ás sociedades participadas maioritariamente (máis do 50%) por cooperativas agrarias galegas ou por asociacións e organizacións de produtores da nosa comunidade.


Das comarcas foron beneficiarias:

  • Queixería Barral S.L.U. de Arzúa: recibiu 90.084 euros para a ampliación e melloras tecnolóxicas na fábrica de queixos.

  • Ecocentro SC de Melide: obtivo 2.168.692 euros para melloras tecnolóxicas no centro de clasificación e envasado de ovos.

  • Avícola Grao S.L. de Melide: otorgáronlle 721.451 euros para melloras no matadoiro e na sala de despece de aves.

  • Dairylac S.L. de Melide: recibiu 885.977 euros para melloras tecnolóxicas na industria láctea.

  • Cooperativa Lácteas Unidas SCG de Melide: déronlle 60.417 euros para melloras tecnolóxicas na fábrica de pensos.

  • Queizuar SL de Touro: outorgáronlle 2.057.088 euros para a ampliación da fábrica de queixos.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page