top of page

Cativos do Servizo Lúdico Educativo de Silleda visitan o Museo do Campo e a Mecanización

A iniciativa enmárcase no programa de actividades do servizo estival e na campaña de promoción do museo, único en Galicia


Laura Moure/Silleda

Os nenos e nenas participantes na quenda actual do campamento de verán do Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda visitaron hoxe as instalacións do Museo do Campo e da Mecanización, ubicado no recinto Feira Internacional de Galicia. Nesta saída participaron, repartidos en varios grupos, os nenos e nenas dos campamentos de Silleda e da Bandeira, que realizaron o percorrido polas instalacións do Museo do Campo Galego, que constitúe unha homenaxe ás orixes de Galicia e das persoas que ao longo da historia viviron e traballaron nas súas terras.

O personal do centro, con Manuel Iglesias ao frente guiaron á rapazada polo centro amosando a evolución do campo e a súa mecanización, cos avances na agricultura e gandaría, a través de distintos utensilios. Acompañaron aos grupos, as concelleiras de Educación, Ángela Troitiño, e de Medio Rural, Asunción García, nesta actividade que se enmarca no programa de actividades do servizo estival e na campaña de promoción do museo, único en Galicia


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sala Barreiros

Unha das estrelas da visita foi a Sala adicada aos tractores Barreiros, a maior exposición existente con estes modelos, onde os nenos e nenas disfrutaron destes vehículos históricos. “Con esta iniciativa, ademais de dar unha alternativa no programa de actividades do campamento de verán do Concello, tamén seguimos a promocionar de maneira conxunta este museo”, indicou Ángela Troitiño, agradecendo ao Museo do Campo a súa participación e dispoñibilidade tanto nesta como noutras actividades, caso da última Romaría do Rapaz ou as Festas de Verán de Silleda, nas que o museo participou precisamente cunha mostra dos vehículos Barreiros.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

O museo do campo abriu as súas portas a finais de 2019 convertíndose no primeiro de Galicia dedicado á historia da mecanización e a evolución da actividade agrogandeira. Conta con 12 salas, entre as que destaca a Sala Barreiros, con máis de 20 referencias da mítica marca de tractores.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page