top of page

Castros da Comarca de Deza afectados polo paso de camiños e outras vías de comunicación

Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas


Antonio Presas, xeógrafo lalinense

En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense, sobre os castros da Comarca de Deza afectados polo paso de camiños e outras vías de comunicación


22- CASOS DE REDUCIDA AFECTACIÓN POR APERTURA DE CAMIÑOS EN CASTROS DE LALÍN

22.1 CASTRO DE AGOLETA

No ano 1987 abriuse un camiño de acceso á croa do castro de Agoleta seccionando, en diagonal, a muralla polo lado Sur. A apertura deste camiño, coincidiu co rebaixe lateral ao pe do mesmo, realizado polo goberno municipal de Lalín, para construir unha escola parroquial, que nunca se chegou a realizar. Finalmente quedou como campo de festa e local parroquial (figura 1)

ree

22.2 CASTRO DE PARADA

No ano 2007 foi ensanchado o camiño tanxente ao antecastro, polo lado SL, socavando o terraplén da muralla. O concello de LalÍn foi o responsable deste ensanche e pretendía que continuara ata a Ponte dos Cabalos, pero non chegou a realizarse na súa totalidade, por falta de acordo cos veciños e tan só chegou ata As Miñoteiras, a medio camiño respecto da Ponte dos Cabalos (figura 9).

ree

22.3 CASTRO DE MADRIÑÁN

Polo lado Leste do castro de Madriñán discorre a pista asfaltada que vai a Martín, rozando de forma tanxencial o borde da muralla castrexa (figura 7).

ree

22.4 CASTRO DE MEIXOME

Arredor do ano 1993 ensanchouse o camiño que pasaba a carón do antecastro, para transformalo en pista da concentración parcelaria. Esta pista foi a causante da desfeita do antecastro ao arrasar todo o terraplén que o bordeaba polo lado Leste (figura "8").

ree

22.5 CASTRO DE GOIÁS

Na primavera do ano 2014 ampliouse a entrada á croa do castro de Goiás para que poideran acceder á mesma máquinas agrícolas de gran tamaño. Este acceso sube en rampa polo terraplén e corta a muralla castrexa ao adentrarse na croa (figura 5).

ree

22.6 CASTRO DE FILGUEIRA

Existe un camiño diametral polo que circulan tractores e outros vehículos a través do castro, en dirección N-S (figura 6)

ree

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

22.7 CASTRO DE BENDOIRO

Na década dos 80 ensanchouse, cunha paleadora, o camiño de acceso ao castro, danando de forma apreciable o parapeto externo, dous foxos e o terraplén da aurela ou croa. Este camiño viña desde O Pazo de Bendoiro ata o Castro e atravesaba, polo fondo do val, o rego de Barrimán (figura 3).

ree

22. 8 CASTRO QUINTELA

No ano 2007 procedeuse á apertura dunha entrada a croa deste castro, mediante unha rampla que atravesa o terraplén castrexo polo lado NO, coa finalidade de acceder, direitamente, a unha finca que se empezou a cultivar novamente (figura 10)

ree

22.9 CASTRO DE BARCIA

O tránsito de tractores ao interior do castro, para depositar rulos de silo (herba, millo) na carballeira, ocasinou unha reescavación da rampla de acceso á croa, polo lado Norte (figura 2) .

ree

22.10 CASTRO DE VILANOVA

O castro de A Canda (Vilanova) viuse afectado, no ano 2007, polo ensanche do camiño do "agro de Roxás", tanxencial ás estructuras castrexas externas (antecastro), polo lado Sur.

- No ano 2008 o trazado dunha pista lateral á liña do TAV Ourense-Santiago, afectou ao "Penedo do Castro", a carón do que teñen aparecido restos arqueolóxicos relacionados cunha fundición (aparición de escouras) do período castrexo. Este penedo, un destacado afloramento anfibolítico, tamén está relacionado coa existencia dalgunha lenda na que se relata a aparición dunha misteriosa galiña con pitos que desaparecen de forma incomprensible (figura 4).

ree

Antonio Presas, xeógrafo lalinense.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page