Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Castrofeito celebra hoxe o seu día grande na honra a Magdalena

Ao longo da mañá haberá tres misas na capela


Laura Moure/IsmaelRS/O Pino

Este xoves, como cada 22 de xullo, na parroquia de Castrofeito (O Pino) celebrarase a festividade en honor a Santa María Magdalena. De feito, será festivo local en todo o municipio e o Concello informa que as misas na capela deste lugar será ás 10:00 horas ( a novena), ás 11:00 e a misa solemne oficiarase ás 12:00 horas.

A fonte coa capela de fondo. Autor: Ecos da Comarca.

Este é un entorno apacible rodeado dunha carballeira, dispón dunha fonte, a que lle xente adoita acudir ao longo de todo o ano, e no que se atopa unha lagoa, ademais, de mesas e bancos. Antes da pandemia, a xente asistía nesta festividade aos actos litúrxicos e despois pasaban a xornada no lugar desfrutando dunha comida campestre e de música. Ademais, son moitos os que se animan a desprazarse camiñando a este santuario dende distintos puntos da contorna.


Quen foi esta santa?

A festa de Santa María Magdalena, que por vontade do Papa Francisco, foi elevado ao grao de festa o 22 de xullo de 2016 para subraiar a relevancia desta santa muller. María Magdalena foi a primeira en proclamar que Jesús vencera á morte, a primeira en anunciar a gran mensaxe central da Pascua. María Magdalena seguiu a Jesús durante a súa predicación, estivo no Calvario aos pés da cruz xunto a Santísima Virxe María e San Juan e non fuxiu a causa do medo como fixeron os discípulos, nin negou ao Maestro como fixo Pedro, senón que estivo sempre presente dende o momento da súa conversión ata o Santo Sepulcro.


O nome de María Magdalena vén de Magdala, un pobo de pescadores situado á beira occidental do Lago Tiberiades, de onde era orixinaria. O título de “Apóstola de los Apóstoles” foille dado polo Santo Tomás de Aquino.


Conta o evanxelista Lucas, no capítulo oito, que Jesús ía por cidades e pobos anunciando a Boa Noticia do Reino de Deus, e con el ían os 12 apóstoles e algunhas mulleres que foron liberadas de espíritus malignos ou curadas de enfermidades, e que lles servían cos seus bens. Entre elas estaba María, chamada Magdalena, da que saíron sete demos.


O entorno da capela da Magdalena.

Autor: Ecos da Comarca.







117 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE