Renderon homenaxe a María Caneda, Juan Vaamonde, Abelardo García e Alfredo Mosquera
Laura Moure/O Pino
O Concello do Pino rendeuule unha homenxase aos maiores do municipio xuntando case 900 persoas na área recreativa da Madanela este pasado sábado.
Durante a que xa foi a XXV Xuntanza dos Maiores o alcalde do municipio, Manuel Taboada, entregoulle cadansúa placa a catro dos asistentes de maior idade, nados entre 1927 e 1928. Os agraciados son:
𝐌𝐚𝐫𝐢́𝐚 𝐂𝐚𝐧𝐞𝐝𝐚 𝐏𝐞𝐫𝐞𝐢𝐫𝐚, veciña de Ferreiros (Cimadevila, Frechazo Primeiro), que cumprirá 96 anos o vindeiro mes de setembro
𝐉𝐮𝐚𝐧 𝐕𝐚𝐚𝐦𝐨𝐧𝐝𝐞 𝐁𝐮𝐣𝐚́𝐧, da parroquia do Pino (Leborán Grande), de 95 anos.
𝐀𝐛𝐞𝐥𝐚𝐫𝐝𝐨 𝐆𝐚𝐫𝐜𝐢́𝐚 𝐁𝐥𝐚𝐧𝐜𝐨, natural de Cerceda, de 94 anos.
𝐀𝐥𝐟𝐫𝐞𝐝𝐨 𝐌𝐨𝐬𝐪𝐮𝐞𝐫𝐚 𝐁𝐚𝐫𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨, de Budiño (Pazos de Abaixo), que acaba de soprar as 94 velas o pasado mes de maio.
Ademais dos recoñecementos que lles entregou o equipo de goberno, recibiron, tal e como informa o Concello, os agarimosos aplausos de todos os asistentes. O restaurante Magdalena, de Castrofeito, foi o encargado de preparar e servir un menú composto por empanada, polbo e carne ao caldeiro, ademais de sobremesa e café.
Mentres o cura de Ferreiros, Jesús Rial, oficiou a misa de campaña, e que como xa é tradición, o dúo Eva e Camilo puxo o ritmo da xornada festiva.
Kommentare