top of page

Case 600 aspirantes a auxiliares de policía local realizarán os primeiros exercicios o día 2 en Silleda

Superadas todas as probas da oposición pola que optan a 95 prazas en 31 concellos, deberán facer un curso selectivo na Academia Galega de Seguridade Pública



Laura Moure/Silleda

As case 600 persoas aspirantes no proceso selectivo para cubrir 95 prazas auxiliares de Policía Local en 31 concellos galegos realizarán os primeiros exercicios o 2 de maio en Silleda. O Diario Oficial de Galicia xa publicou o nomeamento do  tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario e a próxima semana faranse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas.

O primeiro dos cinco exercicios será un test de coñecemento de 50 preguntas sobre o temario publicado, que terá lugar no recinto feiral de Silleda ás 16:00 horas. A continuación desenvolverase a proba de coñecementos do idioma galego para as persoas que non estean exentas. Na listaxe de persoas admitidas que se publicará a próxima semana na web da Agasp tamén se especificarán as persoas exentas deste exercicio por contar con certificado de Celga 3 ou equivalente e as que deberán realizalo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha vez superada esta primeira fase, os aspirantes continuarán no proceso coas probas de aptitude física, nas que deberán demostrar as súas capacidades de forza, resistencia, axilidade, flexibilidade e velocidade para as funcións que teñen que desempeñar. Consistirán en dúas probas: unha de potencia tren inferior con salto vertical e outra de resistencia xeral con carreira de 1.000 metros lisos.


As persoas aspirantes aprobadas e as incluídas na listaxe de reserva deste proceso selectivo deberán superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública de 24 horas lectivas en modalidade presencial como requisito indispensable para ser contratadas como auxiliares de policía local.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde 2018, a Xunta, a través da Agasp, realiza os procesos selectivos unitarios do persoal de Policía Local coa selección neste período de máis dun milleiro de policías galegos mediante convenios cos concellos que ceden esta competencia no Goberno galego. Así, dos 126 municipios galegos con corpo de Policía Local, 98 deles encomendan á Academia a selección dos seus axentes, o que supón o 73%.


Ademais de formar as promocións de policía local e auxiliares e das categorías de mando, a Agasp é o centro de referencia da formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias, cun amplo plan de formación continua anual.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page