top of page

Case 600 aspirantes a auxiliares de policía local iniciaron o proceso selectivo en Silleda

A oposición continuará o 12 de maio coas probas físicas nas instalacións da AGASP


Laura Moure/Silleda

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou este venres o recinto feiral de Silleda, onde iniciaron o proceso selectivo as case 600 persoas aspirantes a cubrir 95 prazas auxiliares de Policía Local en 31 concellos galegos.


O primeiro dos cinco exercicios é un test de coñecemento de 50 preguntas sobre o temario publicado. A continuación desenvólvese a proba de coñecementos do idioma galego para as persoas que non estean exentas por contar con certificado de Celga 3 ou equivalente.

Unha vez superada esta primeira fase, os aspirantes continuarán no proceso o vindeiro 12 de maio coas probas de aptitude física, nas que deberán demostrar as súas capacidades de forza, resistencia, axilidade, flexibilidade e velocidade para as funcións que teñen que desempeñar. Consistirán en dúas probas: unha de potencia tren inferior con salto vertical e outra de resistencia xeral con carreira de 1.000 metros lisos. Esta parte da oposición, que ata agora se levaba a cabo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD) celebrarase por primeira vez nas instalacións da Agasp, que conta cun novo módulo cuberto multideporte. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As persoas aspirantes aprobadas e as incluídas na listaxe de reserva deste proceso selectivo deberán ademais superar un curso de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) de 24 horas lectivas en modalidade presencial como requisito indispensable para ser contratadas como auxiliares de policía local.


Desde 2018, a Xunta, a través da Agasp, realiza os procesos selectivos unitarios do persoal de Policía Local coa selección neste período de máis dun milleiro de policías galegos mediante convenios cos concellos que ceden esta competencia no Goberno galego. Así, dos 126 municipios galegos con corpo de Policía Local, 98 deles encomendan á Academia a selección dos seus axentes, o que supón o 73%.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais de formar as promocións de policía local e auxiliares e das categorías de mando, a Agasp é o centro de referencia da formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias, cun amplo plan de formación continua anual.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page