Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Grupo Municipal do PP de Vila de Cruces quere manifestar a súa profunda preocupación "pola falta de xestión e control do goberno municipal actual". "Recentemente, o Concello encargou dúas auditorías —una para a rede de
abastecemento e outra para a rede de saneamento— que suman un custo aproximado de 30.000 euros. Non obstante, ambas as auditorías non só están obsoletas, senón que tamén poñen de manifesto a falta de mantemento das infraestruturas existentes".

"É evidente que o goberno local nin sequera se molestou en revisar estas auditorías, xa que calquera veciño ou veciña que as lea poderá observar a falta de rigor e a escasa calidade dos datos presentados. Gastáronse cerca de 30.000 euros sen motivos claros, dado que os documentos aportados non serven como base para establecer un plan de acción crible en ningunha das dúas auditorías".
A groso modo, sinala que "na auditoría de abastecemento, constatamos que existen máis redes no municipio das que se reflicten nos informes. Ademais, outras redes que se mencionan na documentación gráfica non son tidas en conta no número de usuarios abastecidos. Mesmo existe unha rede que presta servizo a lugares limítrofes pertencentes a outro municipio, que tampouco está contemplada. No que se refire á auditoría de saneamento, a situación é similar. Faltan redes de saneamento importantes, e resulta case unha tomadura de pelo que as redes de Tirabá, Añobre, Brandomés, Cerceiriñas, Castrelo e Fervenza-Lamela-Fonte de Lara-Outeiriño-O Pazo-Losón e Ribas sexan clasificadas como privadas cando son redes públicas que non foron analizadas"-
Publicidade
Ademais, o PP apunta que ambas as auditorías detectaron que algúns tramos de rede que foron substituídos continúan reflectindo materiais obsoletos, o que impide realizar un diagnóstico fiable sobre o estado actual das infraestruturas.
"En resumo, estas auditorías están realizadas con datos obsoletos e non corresponden á realidade actual, converténdose en documentos inservibles para o seu uso. Esta é a xestión do señor Luís Taboada, uns documentos que non ofrecen unha folla de ruta clara para mellorar a xestión dos sistemas de abastecemento e saneamento no noso municipio. O Grupo Municipal de Vila de Cruces seguirá esixindo un compromiso real coas necesidades dos veciños e veciñas, esixindo auditorías rigorosas e transparentes que sirvan de base para unha xestión eficiente e responsable".
댓글