top of page

Casares solicita unha reunión ao comisario de Medio Ambiente para analizar a crise provocada polo vertido de pellets de plástico

Ecos da Comarca/Xeral

O eurodeputado socialista lalinense, Nicolás González Casares, ven de solicitar unha reunión co comisario europeo de Medio Ambiente, Virginijus Sinkevičius, para analizar a situación provocada polo vertido de pellets plásticos que afecta ás costas de Galicia e o norte de España e posibles medidas para facerlle fronte. Casares ven de presentar igualmente, unha pregunta escrita á Comisión Europea, ao respecto na que pon de relevo o potencial contaminante destes compoñentes.

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Nestas iniciativas, o eurodeputado galego incide en que o pasado 8 de decembro, un buque de nome Toconao, operado pola navieira Maersk, perdeu varios contedores cargados de pellets de plástico fronte ás costas do norte de Portugal e que a raíz desa perda, as costas galegas se viron contaminadas por estes pellets, contaminación que estendeu ás costas do norte de España e, aparentemente, tamén ás de Francia. “Lamentablemente, ante este grave problema o Goberno galego mantivo unha actitude pasiva, con graves carencias de información ás autoridades locais e total descoordinación”, denuncia.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Tal e como lembra González Casares, a loita contra a contaminación por microplásticos figura entre as prioridades da Comisión Europea, que xa no seu plan de acción de 2021 propuxo o obxectivo de que a UE reducira o vertido de microplásticos ao medio nun 30% para 2030, debido aos riscos que presentan para o medio ambiente e a vida animal. Igualmente, en outubro pasado, a Comisión presentou unha nova proposta de regulamento para reforzar a prevención das perdas de granza de plástico para reducir a contaminación entre o 54% e o 74%.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ante esta situación, o eurodeputado galego busca recompilar información da Comisión sobre se a Xunta de Galicia se puxo en contacto coas autoridades comunitarias e se prevé adoptar medidas dado que a contaminación do vertido afecta xa a varios Estados membros. Igualmente, inquire á Comisión sobre o impacto do vertido vistas as manifestacións do Goberno galego restando importancia ao mesmo ao considerar que os pellets plásticos non son tóxicos nin perigosos, o que está en contradición co enfoque comunitario ao respecto.


Finalmente, González Casares demanda unha clarificación respecto da opinión da Axencia europea de medio ambiente sobre o potencial contaminante do vertido destes pellets no mar.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page