top of page

Casares: “A Comisión fai unha emenda á política ambiental da Xunta en materia de Rede Natura”

O eurodeputado galego denuncia o “incumprimento sistemático polo PP das obrigas comunitarias” en relación ás xoias naturais de Galicia


Ecos da Comarca/Xeral

“A Comisión considera que Galicia non fixou obxectivos de conservación e medidas de conservación suficientemente específicos para cada lugar en todas as súas zonas especiais de conservación (ZEC), incluídas, polo tanto, as afectadas polos incendios”. Así o sinala o Executivo comunitario nunha resposta ao eurodeputado socialista lalinense, Nicolás González Casares, para quen a Comisión realiza “unha emenda á totalidade” da política ambiental da Xunta.

A resposta, asinada pola comisaria de Medio Ambiente, Jessika Roswall, da seguimento á batería de preguntas presentadas polo eurodeputado socialista tras a vaga de incendios que asolou Galicia durante o mes de agosto. Na mesma, apunta González Casares, a Comisión incide en que está tramitando un procedemento de infracción desde o ano 2015 “que ten no seu centro o incumprimento sistemático por parte da Xunta de Galicia das obrigas legais que emanan das directivas comunitarias e ás que o Plan Director da Rede Natura aprobado polo PP non dá respostas”.


 PUBLICIDADE

“Fronte á propaganda da Xunta, feitos: a política ambiental da Xunta do PP falla á hora de conservar as xoias naturais de Galicia, desprotexendo o noso patrimonio e faino de xeito sistemático”, censurou Casares.


Para o eurodeputado galego, unha vez máis a Comisión Europea “píntalle a cara” ao Goberno de Rueda, como durante a vaga de incendios, cando “fronte á ocultación” da superficie queimada en moitas zonas de altísimo valor ecolóxico, como Pena Trevinca, “tivo que ser información das institucións comunitarias a que arroxara luz sobre o que estaba a suceder nos montes de Galicia”.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“A deixación de funcións non é unha opción fronte ás agresións ao noso patrimonio natural. Rueda e o PP teñen que superar a parálise e deixar de mirar para outro lado, corrixir o Plan Director e aprobar un plan integral de recuperación das zonas afectadas para reconstruír o patrimonio e devolver a vida ao medio rural, tal e como reclama o noso secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro”, concluíu.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page