top of page

Carteiros de Lalín concéntranse en Compostela

"Actualmente atópanse en activo tan só 12 carteiros dos 23 totais que deberían formar a plantilla para abarcar Dozón, Agolada, Rodeiro e Lalín", sinalan os afectados


Ecos da Comarca/Lalín

O xoves tivo lugar unha nova concentración dos carteiros de Lalín en Santiago de Compostela, diante da sede de zona. "Actualmente atópanse en activo tan só 12 carteiros dos 23 totais que deberían formar a plantilla para abarcar os concellos que temos encomendados que son Dozón, Agolada, Rodeiro e Lalín", sinalan os afectados.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

E recalcan que "Correos négase sistematicamente a contratar persoal sen dar máis explicacións. Non se cubren vacacións, baixas, xubilacións, traslados nin tan sequera ausencias por ingreso de familiar".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Estamos ante unha situación que nunca se viviu antes no que temos de recordos, a maioría da correspondencia atópase acumulada na unidade de reparto de Lalín e os carteiros en activo xa non dan feito máis".




Kommentit


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page