top of page

Carta aberta da Asociación Queremos Parcelarias en Agolada na que fala dos incendios forestais

Ecos da Comarca/Agolada

Compartimos esta carta aberta da Asociación Queremos Parcelarias en Agolada onde fai un repaso dos últimos anos ata chegar a situación que se padeceu a causa dos incendios forestais deste verán.


CARTA ABERTA DA ASOCIACIÓN QUEREMOS PARCELARIAS EN AGOLADA


"Ata cando, ata onde nos queren utilizar?

Agolada; ano 2010. Aprobación das DIA do proceso de concentración de 8 parroquias. 3.900 Hectáreas.


Ano 2011. Paralización dos procesos de concentración das parroquias de Sexo-Agra, Val e Baíña (N.1) e Berredo, Eidián, Ramil e Basadre (N.2)


2011-2025. 14 anos de loita para ordenar o territorio e poder explotalo de forma sostible; 14 anos de tomadura de pelo por parte da Xunta e os seus representantes no concello de Agolada; 14 anos de utilizar ós veciños como se foramos unha mercadoría. Non olvidemos a frase do 2019: "sepan que vou cobrar o mesmo faga as concentracións de Agolada ou non, e cantas menos faga menos dolores de cabeza". Que pasou nestes anos con esas 8 parroquias e esas 3.900 hectáreas da ribeira do Ulla, o noso río vivo?


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

1) os núcleos de 4 máis 4 parroquias afectados por 2 proxectos de megaparques eólicos (5,9 MG/ muíño e 243 metros de alto a punta da aspa)(cada muíño destes = 5 muíños dos de hoxe).


2)zonas afectadas por Altri, pola megacelulosa portuguesa; de novo outra multinacional interesada nas zonas de concentración paralizadas. O Sexo, punto " 0" dos vertidos = cloaca de Altri e dos que lle poñen a alfombra roxa; queren matar a nosa seña de identidade; o Ulla, o noso río.


15-8-2025. O día negro 

Das 8 parroquias, 4 afectadas, Val, Agra, Baíña e Berredo; e unha aldea arrasada, O Sexo, outra vez O Sexo. Señores do PP, o 15 de Agosto O Sexo non ardeu, queimárono.

O Sexo, Agolada, tas o incendio do 15 de agosto.
O Sexo, Agolada, tas o incendio do 15 de agosto.

Queimárono, se se demostrara algo así, quen prendera presuntamente lume, pero queimárono tamén por omisión os responsables políticos que non fixeron nada por evitalo. Nin ordenación, como pedimos os veciños, nin prevención cando tocaba, nin medios cando todo ardía. Só os veciños salvaron as vidas dos veciños e as súas casas, incluso tamén dous guardia civís, que axudaron a un mozo a sacar aos seus pais da casa para que non arderan dentro.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Vostedes propaganda, 54 motobombas, 51 brigadas, onde? Os veciños non as viron, ningún viu nada parecido. Sr Seijas, como veciña esíxolle á responsable que pasou esa noticia que pida perdón e non se ría dos veciños. Sr Seijas, esíxalle ó concello colaboración, pero déixese de demagoxia barata e esíxalle á Xunta implicación, que veñan urxente ó noso concello, que pidan disculpas e que poñan os medios para compensar os enormes danos sufridos. Hai xente que perdeu en 24 horas o traballo e esforzo de décadas, e vostede só pensa a ver se saca un puñado de votos utilizando ós veciños. É o mesmo que pensan cando din " de momento non damos ningún paso nas concentracións que aínda falta moito para as eleccións" ? Esíxalle á Diputación de Pontevedra que se poña a disposición das aldeas afectadas. O Sexo quedou arrasado; para qué está o organismo provincial ? Sr Seijas, os veciños non están dispostos a seguir calando; teñen a oportunidade de demostrar un pouco de dignidade, ou é que só queren estar ó lado das multinacionais? Todo isto son casualidades ou hai algo máis? Eu quero crer... porque senón, que é o que nos queda? Non se confundan, non nos imos marchar, seguimos en pé.


Pd: botamos de menos ós sindicatos "agrarios ", e tomamos nota".


Asociación Queremos Parcelarias



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page