top of page

Carril comprométese a dotar as parroquias de Arzúa dun servizo público de transporte a demanda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O obxectivo do BNG é facilitar o desprazamento das persoas maiores á hora de facer xestións do día a día


Ecos da Comarca/Arzúa

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, continúa a súa xeira de contacto coas veciñas e veciños con actos públicos en todas as parroquias arzuás. “Estamos compartindo tempo e contrastando ideas coas nosas veciñas e veciños. Está sendo unha campaña electoral moi gratificante, con actos públicos moi nutridos e participativos. Estásenos achegando moita xente que pide un cambio no goberno municipal e apostan polo BNG para facelo posíbel” explicou Carril.


O candidato do BNG comprometeuse a que, se o BNG acada a Alcaldía de Arzúa, “poremos e marcha un servizo público de transporte a demanda para facilitar o desprazamento das persoas maiores, e de aquelas que o precisen e non conten con vehículo propio, para facilitar o seu desprazamento ao casco urbano para facer xestións como acudir ao centro médico, facer a compra, ir ao banco ou calquera outra xestión do día a día”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, o BNG informa de que aos actos públicos xa realizados nas parroquias de Pantiñobre, Boente, Brandeso, San Martiño de Calvos e Oíns seguiranlle esta semana as seguintes parroquias:

  • Luns, 15 de maio ás 9 da noite no Local Social de Dodro.

  • Martes, 16 de maio ás 9 da noite no Local Social de Dombodán.

  • Mércores, 17 de maio ás 9 da noite no Local Social de Rendal.

  • Xoves, 18 de maio ás 9 da noite no Local Social de Lema.

  • Venres, 19 de maio ás 9 da noite no Local Social de Burres.

Desde o BNG lembran que son actos públicos abertos e convidan a toda a veciñanza destas parroquias a participar do mesmos “porque Arzúa merece un cambio e rematar co abandono sufrido nos 12 anos do goberno actual" concluíron.

תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page