top of page

Carnicería Cardelle gaña o primeiro premio no concurso de escaparates de Nadal do Concello de Melide

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Pro Diva obtén o segundo posto e o terceiro é para a imprenta Meligraf


Laura Moure/Melide

A carnicería Cardelle vén de alzarse co primeiro posto no Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Melide. O xurado, que fixo pública esta mañá a súa decisión nun acto celebrado no Salón de Plenos municipal, outorgou o segundo e terceiro premio a Pro Diva e á imprenta Meligraf, respectivamente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Na súa decisión, o xurado, designado pola concellería de Comercio, tivo en conta a orixinalidade, a montaxe, a estética, a creatividade e máis a ambientación propia de Nadal dos 25 escaparates a concurso (seis máis ca o ano pasado).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O primeiro premio do concurso, obtido pola carnicería Cardelle, ten un valor de 1.000€. O segundo premio, que obtivo o establecemento especializado en estética Pro Diva, é de 500€. Por último, o terceiro premio, da imprenta Meligraf, vale 250€.


O concurso natalicio, que continúa medrando ano a ano en participación e sumando novos comercios, é unha das iniciativas do Concello que promoven a creación dun ambiente único de Nadal no municipio durante as datas festivas. Na edición do Nadal pasado, a carnicería Cardelle xa obtivera o segundo premio, que agora mellora cun primeiro posto.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, valorou moi positivamente a edición deste ano, tanto polo nivel da decoración como polo incremento no número de establecementos participantes. 

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page