Carne en descomposición de roedores, dunha ovella e varias codornices nun voo que chegou a Santiago
- ecosdacomarca
- 7 feb 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Destacamento de Fiscal e de Fronteiras da Gardia Civil do aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela incautou produtos cárnicos e vexetales procedentes de Nixeria na equipaxe de bodega dunha veciña de Ferrol.
Publicidade
Os feitos sucederon cando efectivos da mencionada Unidade se encontraba realizando o exame de equipaxe de bodega dun voo procedente de Nixeria. No transcurso do mesmo detectaron na equipaxe dunha das pasaxeiras o que parecían ser animais e vexetales, produtos cuya introdución na Unión Europea está prohibida polo Reglamento (UE) 2019/22122.

Os gardas civís actuantes procederon á apertura do mesmo, hallando no seu interior tres roedores, similares a coellos, unha ovella e varias codornices, todos eles secados ao sol, de modo artesanal, algún deles en estado de descomposición con larvas no seu interior e 20 quilogramos de vexetales e sementes.
Publicidade
A Garda Civil procedeu á incautación dos efectos atopados para a súa destrución por incineración, evitando así a posible proliferación de enfermidades ou pragas fitosanitarias.
Comments