top of page
Perruquería Marisa.gif

Carmen Pomar inaugurará mañá o curso de Soft Skills organizado pola EFA Piñeiral de Arzúa

Durante o mes de xaneiro e febreiro no centro de formación profesional arzúan terán lugar as sesión impartidas por recoñecidos profesionais de diferentes ámbitos laborais


Laura Moure/Arzúa

As competencias emocionais; claves para un bo desempeño laboral e un bo

desenvolvemento persoal é o título da sesión que impartirá a profesora universitaria e experta en psicoloxía emocional Carmen Pomar este mércores na Efa Piñeiral (Arzúa).

Carmen Pomar clausurando unha das sesión da Semana da Infancia da Efa Piñeiral do pasado curso.

Esta acción formativa enmárcase dentro do curso de SOFT SKILLS que o centro de

formación profesional impartirá ó longo do mes de xaneiro e febreiro e que ten como cometido sensibilizar ós futuros profesionais que se están a formar na EFA Piñeiral coas habilidades brandas máis demandadas nos seus entornos laborais e no desempeño da súas profesións.

Ademais da intelixencia emocional o alumnado da EFA Piñeiral aprenderá sobre a importancia e dinámicas do traballo en equipo, a capacidade de organización e a necesidade de desenvolver liderazgo e habilidades comunicativas.


78 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page