top of page

Carmen Pazos Moreda súmase ao club de centenarias de Silleda

Naceu en Vila de Cruces, pero residiu durante anos na parroquia de Saídres


Laura Moure/Silleda

Silleda vén de sumar unha nova centenaria entre a súa veciñanza. Carmen Pazos Moreda celebrou este domingo na residencia de maiores de Ponte o seu 100 aniversario rodeada da súa familia e o personal do centro.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, visitaron a esta veciña, que aínda que nacida en Vila de Cruces residiu durante anos na parroquia de Saídres, antes de ingresar nesta vivenda comunitaria para maiores en Ponte, rexentada pola firma Vitalar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Aínda que con algún achaque de saúde que lle afecta á audición e á visión, Carmen goza de boa saúde. A súa paixón polo baile dende que era nova, fixo que a música non faltara na celebración do seu 100 aniversario. A alcaldesa e a concelleira agasallaron a Carmen cun ramo de flores en nome de toda a veciñanza de Silleda.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page