Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Carmen Galloso Rivadulla veciña do Pino celebra os seus 100 outonos

Natural de Boimorto chegou a este municipio cando tiña 15 anos e traballou na agricultura toda a vida


Laura Moure/O Pino

O Concello de O Pino conta dende o pasado xoves cunha nova centenaria. Carmen Galloso Rivadulla celebrou o seu aniversario rodeada da familia na casa do Vilar, en Gonzar. Ata a súa vivenda achegáronse o alcalde do municipio e a concelleira de Servizos Sociais para facerlle entrega dunha placa conmemorativa e dun ramo de rosas.

Natural da parroquia de Buazo (Boimorto) Carmen Galloso chegou ao Pino cando tiña 15 anos e traballou na agricultura toda a súa vida. Ata non hai moito era frecuente vela dando longos paseos acompañada da súa neta Pilar, tal e como conta o Concello. “Os últimos anos pasa a mañá sentada detrás da cociña”, indica a súa filla Matilde e o seu xenro Suso, cos que vive no Vilar, na parroquia de Gonzar.


Ata a casa familiar desprazáronse o sábado as súas fillas Luisa e Dolores, xunto cos catro netos e tres bisnetos e o resto da familia para participar na festa coa que celebraron esta data tan importante.

181 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE