top of page

Carmen Buján de 97 anos e Jesús González, de 96 distinguidos na Festa dos Maiores de Palas de Rei

Eles foron os presentes nesta cita de maior idade // A cita festiva reuniu a 500 persoas


Laura Moure/Palas de Rei

A Festa dos Maiores de Palas de Rei reuniu este sábado a 500 persoas, que logo de tres anos, se reencontraron nesta festividade que homenaxea aos máis lonxevos. Logo dunha misa solemne, que se acabou oficiando, dadas as condicións meteorolóxicas no pavillón cuberto dos Chacotes, tivo lugar un xantar de confraternización, onde degustaron un entrante de empanada e lacón, un segundo prato a base de churrasco e chourizo e un postre no que non faltaron a larpeira e o queixo da Ulloa, ademais de viño, café e licores.


A música tamén amenizou a xornada. Foron os irmáns Fanego, que compoñen o dúo Estrellas, os encargados de amenizar musicalmente a cita para os máis maiores.

"Este ano a Festa, tamén contou coa presenza dun nutrido grupo de integrantes da residencia de maiores de Palas que cumpriu en marzo o seu segundo aniversario", indica o Concello.

A xornada festiva contou cun momento de especial recoñecemento á muller e ao home de máis idade presentes na festa. Neste caso, foron distinguidos Carmen Buján Mosquera, do Carballal de San Mamede, de 97 anos e Jesús Gonzalez Mouriz, da residencia de maiores de Palas, de 96 anos.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page