top of page

Carmela López, elixida polo PSOE para ser a presidenta da Deputación de Lugo

Ecos da Comarca/Xeral

O Comité Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo reuniuse este sábado en sesión extraordinaria para abordar a proposta formulada pola Comisión Xestora do partido e ratificou a súa decisión de propoñer á deputada provincial María del Carmen López Moreno como candidata socialista á Presidencia da Deputación de Lugo.

Durante a sesión, o Comité Provincial ratificou a proposta por aclamación, de conformidade cos estatutos e cos procedementos internos establecidos polo partido.



 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O acordo adoptado será agora remitido á Comisión Nacional de listas, que emitirá informe e reenviará á Comisión Federal de Listas para a súa aprobación definitiva, de acordo coas normas internas de elaboración e validación de candidaturas do PSOE.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A proposta definitiva será tomada pola Comisión Executiva Federal e remitida ao PSdeG-PSOE de Lugo para a súa aplicación de cara ao pleno do vindeiro 14 de xaneiro de 2026. María del Carmen, máis coñecida por Carmela, López Moreno, é a actual alcaldesa de Burela.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page