top of page
Perruquería Marisa.gif

Carme Adán presenta este xoves no museo municipal de Lalín unha das súas obras

Este caderno leva por título Vivas e Libres. Lexislación e violencia machista: Contribucións do nacionalismo galego


Laura Moure/Lalín

Este xoves, 2 de decembro a Fundación Galiza Sempre presentará no Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa de Lalín ás 20:00 horas o caderno Vivas e Libres. Lexislación e violencia machista: Contribucións do nacionalismo galego elaborado pola pensadora feminista Carme Adán. Durante o acto, ademais da autora, intervirá Ariadna Fernández do consello local do BNG.

Carme Adán. Fonte: Wikipedia.

A obra forma parte da colección de cadernos de análise Ideas Impresas que a Fundación

Galiza Sempre relanzou en 2020 cun modelo e unha edición máis moderna e nova, pero

co mesmo formato lixeiro e interactivo co que naceu hai 20 anos. Este cuarto título consolida unha colección de cadernos de monotemáticos da realidade galega.


O caderno elaborado por Carme Adán pretende afondar na loita contra os feminicidios desde unha óptica lexislativa, facendo un repaso ás leis contra a violencia de xénero e as

aportacións que o nacionalismo galego históricamente ten feito. Ao mesmo tempo que repara nas necesidades de actualizar unha lei galega que está ficando obsoleta e que non se adapta á realidade dos novos e vellos patróns da violencia machista.


Biografía da autora

Carme Adán é doutora en filosofía, ensaísta e pensadora feminista. Durante os anos 2005 e 2009 foi Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galiza, paralelamente nesta época

desempeñaba o cargo de presidenta da Unidade de Muller e Ciencia de Galiza. Entre 2009 e 2016 foi deputada do BNG. É autora de obras como Feminismo e coñecemento,

Violencia obstétrica ou Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión. Na actualidade é membro do Padroado do Consello da Cultura Galega e dentro del encárgase da coordinación da sección de pensamento. Actividade que combina co seu retorno ás aulas como catedrática de filosofía no IES Politécnico de Vigo.


O caderno que se presenta o xoves en Lalín é o cuarto dunha colección que está conformada por títulos como Unha proposta para a ría de Ferro, Políticas Públicas da

Memoria na Galiza ou Eucaliptos e o forestal arborado galego. Todos eles son cadernos

divulgativos que funcionan como ferramente de consulta e formación. Aos título nomeados anteriorme temos que sumar A necesidade dun feminismo galego e O espolio natural da

Illa da Creba.


O acto estará presentado e dirixido por Ariadna Fernández, membro do Consello Local do

BNG de Lalín, e no que contaremos coa propia autora do caderno. As persoas que se

acheguen poderán levar de balde un exemplar.

19 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page