top of page

Carlos Méndez, Lorenzo Varela, Antonio Yebra, Teolindo Cortiña e Miguel Yebra, xa teñen a súa sala en Monterroso

Esta foi inaugurada este venres no Museo das Feiras de Monterroso


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso programou un 17 de maio con varias actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. A primeira delas tivo lugar ás 11:30 horas no Centro de Interpretación e Museo das Feiras e consistiu na inauguración da ‘Sala dos Escritores’.



A sala que se abriu onte é unha das tres que se atopan na planta alta do Museo e Centro de Interpretación ‘Monterroso, a vila das feiras’. En concreto, dedícaselle esta sala a persoeiros da cultura de Monterroso baixo o nome ‘Sala dos Escritores’, en recordo e homenaxe a cinco escritores.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A sala está composta por cinco vitrinas dedicadas a cadanseu escritor: o párroco Carlos Méndez Vázquez, Lorenzo Varela, Antonio Yebra de Ares, Teolindo Cortiña Toural e Miguel Yebra Varela.


Na inauguración interviron Ana Vila, Adolfina Mesa, Pablo do Batán, Fernando García Penas e Marta Saavedra, encargada de conducir o acto. Todos eles leron poemas dos escritores aos que se lle dedican as vitrinas, poemas propios e poemas da homenaxeada polas Letras Galegas deste ano, a escritora Luisa Villalta.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde agradeceu as doazóns das familias Nicolás Santoalla do Fental, Milagros Menoyo do Fental, Don Carlos Méndez, Yebra Ares, Yebra Varela, e familia de Javier Vázquez Castro. Todas as familias fixeron entrega de obxectos e diverso material para as vitrinas e para o propio museo.


De seguido, houbo unha ofrenda floral no Espazo Cultural Lorenzo Varela ante o busto do escritor. O acto de clausura correu a cargo do alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, quen tendeu a man aos axentes da cultura da localidade para seguir tecendo redes e colaborando en actos e actividades.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page