top of page

Carlos Baute actuará este domingo na Festa do Galo de Curral en Cruces en lugar de Bertín Osborne

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila Cruces anunciou esta tarde un cambio de última hora na programación musical desta edición da Festa do Galo de Curral. Finalmente, o cantante venezolano Carlos Baute será o encargado de actuar este domingo 31 de maio na Praza do Concello de Vila de Cruces.

O concerto estaba previsto inicialmente a cargo de Bertín Osborne, quen non poderá asistir por motivos de saúde. Desde a organización trasladáronlle os seus mellores desexos para unha pronta recuperación.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

No seu lugar, Carlos Baute súmase a unha das fins de semana máis especiais e agardadas do ano no municipio, dentro dunha cita que cada ano reúne a centos de persoas arredor da gastronomía, a música e o ambiente festivo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A actuación terá lugar ás 13:15 horas na Praza do Concello e a entrada será libre.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page