Carboeiro acolle este sábado, 19 de setembro, o III Open Mosca Río Deza
A presentación do certame, un total de 32 persoas participantes, tivo lugar onte co apoio dos Concellos de Silleda e Vila de Cruces
Laura Moure/Silleda/Cruces
O Coto de Pesca sen morte de Carboeiro acolle este sábado día 19 o III Open Mosca Río Deza, un certame organizado polo Club de Pesca Río Deza, e que contará con 32 prazas en total, dez delas reservadas para os socios da entidade a través dun campionato social.
PUBLICIDADE
Entre os participantes figuran persoas de distintos puntos de Galicia e Portugal, (asistirán 2 pescadores da selección lusa, entre outros) algúns deles con participacións en mundiais de pesca á mosca. Entre os participantes estarán os segundos clasificados de Europa, tamén procedentes de Portugal.
PUBLICIDADE
A proba dispútase este sábado día 19 no coto de pesca sen morte situado no entorno do mosteiro de Carboeiro e disputarase a 4 mangas, divido en 16 tramos de pesca. Cada unha das persoas participantes pescará unha manga de 2 horas pola mañá e outras 2 pola tarde. Todas as capturas serán medidas para puntuar e devoltas ao río inmediatamente.

O certame foi presentado onte no Concello de Silleda ca presenza de Sito Veiga, do club Río Deza, a concelleira Mónica González, e por parte do Concello de Vila de Cruces asistiron a concelleira Noemí Lois e o concelleiro Juan Carlos Rodríguez.
Dende os dous municipios, que colaboran co Open de Pesca ao igual que outras firmas patrocinadoras, destácase a repercusión e a posta en valor do gran patrimonio natural e histórico co que contan as dúas beiras do río Deza nesta zona.
PUBLICIDADE
Así, todas as persoas participantes serán agasalladas con produtos da gastronomía local e os 10 primeiros clasificados terán premios en metálico e material de pesca.
Dende a organización, o club Río Deza agradeceu aos dous Concellos e ás firmas patrocinadoras a boa acollida do campionato, que volta ao calendario despois do grande éxito dos dous últimos anos.










Comentarios