top of page

Canto tempo tardaría en chegar á Ría de Arousa a contaminación do encoro de Portodemouros?

Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas



Antonio Presas, xeógrafo lalinense

En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense.


CANTO TEMPO TARDARÍA EN CHEGAR Á RÍA DE AROUSA A CONTAMINACIÓN DO ENCORO DE PORTODEMOUROS?


Calquera masa de auga contaminada que salga do encoro de Portodemouros tardaría algo máis de 17 horas en chegar á Ría de Arousa, logo de recorrer os 90 Km que mide o curso fluvial do río Ulla entre ámbolos dous puntos (como se apreza na imaxe).

.... pero ¿como podemos saber isto?.


Resulta fácil de saber. Por exemplo, cando se abre a auga dos encoros para xerar electricidade (tres encoros do Ulla: Portodemouros, Ollares, Touro), orixínase unha "modulación de caudal" que provoca unha subida rápida e sostible do nivel do río. Determinando o tempo que tarda en chegar esa "onda de crecida artificial" a calquera punto situado cerca da desembocadura do Ulla, podemos obter un resultado moi satisfactorio acerca do que pasaría cunha masa de auga contaminada. O tempo transcorrido desde que abren as comportas ata a chegada de aumento de caudal á Ría de Arousa, sería o exemplo máis claro e representativo do tempo que pode tardar calquera vertido contaminante que entre no río Ulla.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

UNHA FORTE TORMENTA NOS MONTES DO TESTEIRO ORIXIÑA UNHA APARATOSA PULSACIÓN NO CAUDAL DO DEZA E NO ULLA

O río Deza nace entre a Serra do Candán (vertente esquerda) e os Montes do Testeiro (vertente dereita) e, desde o seu lugar de nacemento ata a desembocadura no Ulla recorre, aproximadamente, 51 Km (fig. 2).

O día 1 de xuño de 2023 orixinouse una forte tormenta nos Montes do Testeiro (fig 3),

dos que saen varios torrentes (Chouriza, Mariadiz, Caticovas, Testeiro ou Reidosos, Zobra) que verten direitamente no curso alto do río Deza. Eses torrentes canalizaron unha forte riada, que tardou arredor dunhas 7:20 horas en chegar á estación de aforos de Ponte Cira, pero non é este o dato que nos importa senón o tempo que tardou a "onda de crecida" en chegar á estación de aforos instalada no río Ulla en Pontevea.


A onda de crecida presentou o pico máximo á 1:10 horas en Ponte Cira e desde esta estación de aforos ata chegar á estación de Pontevea pasaron 4:50 horas horas (fig 4).

Como a distancia do curso fluvial do Deza-Ulla, desde a primeira estación ata a segunda (Pontevea) é de 25,5 Km (fig. 5), pódese decir que a velocidade de propagación da pulsación foi 1,46 metros/segundo.

Pois ben, tendo en conta esa velocidade media resulta fácil deducir que o tempo que tardaría unha masa de auga contaminada desde a saída do encoro de Portodemouros ata o comezo da Ría de Arousa, á altura de Carril, sería algo máis de 17 horas (17 horas, 10 minutos).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

CONCLUSIÓN

encoro de Portodemouros presenta uns niveis de contaminación moi altos na actualidade, especialmente no verán ao tempo que baixa o nivel das augas e a súa temperatura aumenta varios graos, pero será unha auténtica "bomba de reloxería ambiental" cando a esa contaminación se sumen os vertidos tóxicos da Celulosa Altri, que pretenden instalar en A Vacariza (Palas de Rei). A auga contaminada que salga do encoro de Portodemouros chegará á Ría de Arousa en pouco máis de 17 horas.


... e isto é o que menos lle convén a esa Ría, considerada como a máis importante de Galicia (pesca, marisqueo, turismo, etc.). A súa morte dependerá dunha sentenza política inxusta, inxustificada, desproporcionada e cruel.


Antonio Presas, xeógrafo lalinense.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page