top of page
Perruquería Marisa.gif

Canto sabemos de Rosalía de Castro?

Este ano o día desta autora adiantouse a hoxe despois da aparición de documentos que demostran que a súa data de nacemento foi o 23 e non o 24, como se cría ata agora


Laura Moure/Xeral

Todas aquelas persoas que temos a escritura como a nosa ferramenta de traballo sabemos da importancia de saber expresar o que queremos contar. E sen dúbida, a palabra é unha arma moi poderosa e a comunicación imprescindible en todos os ámbitos que evitarían moitas batallas. Sempre, sempre... comunicándose, a xente enténdese... ou polo menos inténtase. Hoxe apetécenos falar dunha persoa que foi fundamental para a literatura galega e tamén para a española. Ela é Rosalía de Castro, que ademais hoxe é o seu día.

Fonte: Fundación Rosalía de Castro.
Rosalía por Luis Sellier, fins dos 70 ou principios do 80 do século XIX. (A Coruña). Colección da RAG. Fonte: Fundación Rosalía de Castro.

Este ano o día de Rosalía de Castro adiantouse ao 23 de febrero despois da aparición de documentos que demostran que a súa data de nacemento foi este día e non o 24, como se cría ata agora. Esta autora naceu en Santiago de Compostela no ano1837 e faleceu en Padrón o 15 de xullo de 1885. Foi unha poetisa e novelista española que escribiu tanto en galego como en castelán. Considerada entre os grandes poetas da literatura española do século XIX, representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez, unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, non só pola súa achega literaria en xeral e polo feito de que os seus Cantares galegos​ sexan entendidos como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea, senón polo proceso de sacralización ao que foi sometida e que acabou por convertela en encarnación e símbolo do pobo galego. Ademais, é considerada xunto con Gustavo Adolfo Bécquer, a precursora da poesía española moderna.

Pero sabemos todo dela? Deixamos por aquí algunhas curiosidades:

  1. O seu nome real era María Rosalía Rita.

  2. Foi inscrita no rexistro como filla de pais descoñecidos, aínda que se sabía quen eran: unha fidalga chamada María Teresa da Cruz e un sacerdote, José Martínez Viojo. Tomouse a decisión de inscribila así para non destapar a profesión relixiosa do home nin a relación entre os seus proxenitores.

  3. Escribiu os seus primeiros versos aos 12 anos.

  4. Sempre se falou de que foi unha persoa enfermiza, por iso é polo que haxa estudosos da vida de Rosalía de Castro que establecen que esa circunstancia é a que determinou que fose moi pesimista e mesmo hipersensible.

  5. Ademais, na súa negatividade e tristeza influíron tamén as mortes de dous dos seus sete fillos: Valentina, que veu ao mundo sen vida, e Honorato. Este faleceu cando contaba con 19 meses debido á caída que sufríu desde unha mesa.

  6. Foi pioneira en varios aspectos, entre eles na poesía española moderna e no feminismo.

  7. Antes de morrer, aproveitando a ausencia do marido mandou ás fillas queimar os seus manuscritos, desaparecendo así tódalas obras non publicadas.

  8. Dise que a súa flor favorita de Rosalía era o pensamento malva.




8 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page