"Cando me enterei que estaba contaxiada de Covid en quen primeiro pensei foi en miña avoa"
- Laura Moure
- 31 dic 2021
- 3 Min. de lectura
"Hai moitas baixas nos hospitais debido á Covid. Substituír ao personal ausente é unha tarefa complicada e os médicos están cansos desta situación"

ENTREVISTA A PAULA RAMOS GONZÁLEZ, NATURAL DE ARZÚA, PERO QUE VIVE ENTRE VILA DE CRUCES E SANTIAGO E ESTÁ INGRESADA POR CORONAVIRUS
Laura Moure/Cruces/Arzúa
Hoxe rematamos o 2021 e non o despediremos da maneira que nos gustaría, porque o coronavirus, un ano máis, estanos gañando a batalla. Os casos de Covid xa están disparados en todo o mundo e a situación é máis que preocupante. Hoxe falamos con Paula Ramos González. Ten 28 anos, está contaxiada de Covid e debido a isto está ingresada no hospital. Ela é natural de Arzúa, pero reside entre Vila de Cruces e Santiago de Compostela.
1. Cando che detectaron a Covid?
Entereime o domingo 26 pola noite, mediante un test de antíxenos. Aínda que non consto como contaxiada da Covid-19 ata o día seguinte posto que as líneas telefónicas estaban saturadas.
2. Tiñas síntomas?
Si, empecei cunha simple dor de cabeza que acabou con febre e tos.
3. Que foi o primeiro que che pasou pola cabeza cando che dixeron que estabas contaxiada?
A miña avoa. Cando vin o positivo era o primeiro que me acordaba. Aquí no hospital, ves nos compañeiros de habitación casos persoais de todo tipo, pero considero que a todos os enfermos da Covid-19 o que máis nos preocupa e nos afecta animicamente son os nosos.
4. Estás vacinada?
Si, recibin dúas doses de Moderna. Fun vacinada nas datas que me correspondían por idade. A medicación que tomo faime estar inmunodeprimida, pero non se teñen en conta este tipo de factores para a vacinación. Somos moitos con factores de risco.
5. Por que estás ingresada?
Levo cinco días ingresada por seguridade debido as miñas pataloxías previas. Neste 2022 fai dez anos que se me diagnosticaron unha hepatite autoinmune e unha moi probable sarcoidose. En resumidas palabras, as miñas defensas non recoñecen o meu fígado como propio e retirar o tratamento inmunosupresor nestes casos sempre é un reto. Convivir cunha enfermidade autoinmune é o meu día a día. Síntome agradecida co doctor Santiago Tomé Martínez de Rituerto, hepatólogo do servizo de medicina interna do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Pero vexo que é necesaria moita máis investigación. Coñezo moi poucos casos con patoloxías como a miña e cada vez existen máis enfermidades autoinmunes. Darlle visibilidade sempre é importante.
6. Como o estás levando e máis en Nadal?
Ben, sorprendida conmigo mesma. No primeiro momento pensei que animicamente sería peor, pero aquí vexo que hai casos moito peores e acabas empatizando.
7. Hai escaseza de persoal no hospitais?
Si, hai moitas baixas debido á Covid. Substituír ao personal ausente é unha tarefa complicada. Aos contactos que estiveron conmigo non os citaron para facer unha PCR e no covid auto as esperas moitas veces son de horas.
8. Como ves aos sanitarios?
Cansos desta situación. O que máis din é que agora son casos máis leves e que hai moitas menos mortes que ao comezo da Covid -19. O que percibo conversando con eles e que nalgún momento isto supuxo un bache a nivel emocional.
9. Sabes cando recibirás a alta?
Proximamente. A prevención cando hai riscos é moi importante.
10. Que lle dirías a esas persoas que non cumpren as normas de loita contra
o coronavirus ou aos negacionistas?
Diríalles que teñan empatía, loitar con esta situación é cousa de todos.
Comentarios