top of page

Cancelada a celebración de Magreco que estaba prevista para esta fin de semana en Boimorto

A folga de transporte imposibilita a chegada ao recinto feiral da maquinaria para a exhibición e das xovencas para a poxa


Laura Moure/Boimorto

O Concello de Boimorto lamenta ter que tomar a decisión de cancelar a celebración de Magreco a vindeira fin de semana. Sinala que a folga de transporte imposibilita a chegada ao recinto feiral da maquinaria para a exhibición e das xovencas para a poxa.

"Dende a organización, queremos amosar o noso total apoio aos sectores do transporte e agrogandeiro ante a suba das materias primas e os carburantes. Pedímoslles desculpas e agradecemos tamén a comprensión de expositores, colaboradores e veciñanza. Tiñamos moita ilusión por recuperar o certame e volver a unha relativa normalidade".

Este ano non poderá ser, pero xa está marcada a cita no calendario do 2023. "O que xa temos é datas para a celebración da próxima edición de Magreco:25 e 26 de marzo de 2023".


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page