Será na Casa da Cultura o 29 e 30 de maio
Laura Moure/Silleda
A vindeira semana terá lugar na Casa da Cultura de Silleda unha campaña de recollida solidaria de alimentos organizada por José García, veciño de Laro, e que conta ca colaboración do Concello de Silleda a través do departamento de Benestar Social, que dirixe Ángela Troitiño.
A recollida realizarase na Casa da Cultura de Silleda o sábado 29 e domingo 30, en horario de 9:30 a 20:00 horas. Todas as persoas que o desexen poden levar os alimentos, que deben de ser non perecedeiros. Dende o Concello de Silleda agradécese unha vez máis a iniciativa deste veciño que se vén significando polas súas accións solidarias.
Os alimentos que se recollan destinaránse ao programa municipal Silleda Solidaria.
Comments