Campaña de implantación do colector marrón en Agolada
- ecosdacomarca
- 29 jul 2024
- 1 Min. de lectura
Os interesados deben rexistrarse para recibir o “pack” de uso
Ecos da Comarca/Agolada
Estase levando a cabo unha campaña de implantación do colector marrón en Agolada. Tal e como informa o propio Concello, será nas zonas urbanas , onde os residuos orgánicos terán o seu propio colector.

Os interesados deben rexistrarse en https://agolada.rsu.gal/ para recibir o“pack” de uso:
Chave de acceso ao colector.
Caldeiro para separar residuos orgánicos.
Bolsas compostables.
Díptico informativo.
Publicidade
Para máis información 647 521 464 ou residuos@agolada.es "Grazas por reducir a nosa pegada ecolóxica!", sinala o Concello.
Comments