top of page

Camión de porcos envorcado en Lalín

IsmaelRS/Lalín

ree
O camión volcado. Autor: Emerxencias Lalín.

Ao fío das 4:30 horas da noite pasada, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular na que alertaba dun camión que envorcara na PO-534, concretamente no punto quilométrico 3. Engadía na súa comunicación que o camioneiro estaba ferido e que os animais que transportaba estaban ceibos pola estrada.


Acto seguido, para atender ao condutor do vehículo, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.


ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Ademais, co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía de circulación, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros do Deza, á Garda Civil de Tráfico, ao servizos de mantemento da estrada, ao Servizo Municipal de Protección Civil e Emerxencias Lalín.















Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page