top of page

“Camiños de Auga sobre rodas” poñerá en valor atractivos das comarcas de Arzúa e Terra de Melide

Consiste en rutas cicloturistas gratuítas, pero é necesario inscribirse previamente


Laura Moure/C.Arzúa/Terra de Melide

Este mércores Camiños de Auga presentou na igrexa románica de Santa María do Mezonzo, en Vilasantar, un proxecto que atraerá as miradas ao territorio do GDR Ulla, Tambre, Mandeo e porá en valor aínda máis a riqueza desta contorna. Trátanse das rutas cicloturistas “Camiños de Auga sobre rodas”.


"A nosa intención é atraer a visitantes que valoren o patrimonio, a gastronomía e a natureza e desestacionalizar o turismo no noso territorio, beneficiando á hostalaría local. Trátase de sete rutas cicloturistas guiadas polos oito concellos do xeodestino: Concello de Arzúa, Concello de Boimorto, Concello de Melide, Concello do Pino, Concello de Santiso, Concello de Touro e Concello de Vilasantar", explican.

A presentación do proxecto foi onte e acudiron representantes dos distintos concellos. Autor: Camiños de Auga.

Realizaranse as dúas últimas fines de semana deste mes de outubro, son de balde e non se trata dun evento competitivo, senón simplemente para xuntarse, percorrer o fermoso territorio e coñecer a súa historia e contorna. "Unha motivación extra! Grazas á colaboración do consello regulador da Denominación de Orixe Protexida de Arzúa-Ulloa, se fas as sete rutas, levarás un riquísimo queixo de balde!" indica a organización.


Etapas:

  • 1. Sábado 19 de outubro: Toques 20Km e Vilasantar 18Km

  • 2. Domingo 20 de outubro: Melide 20Km

  • 3. Sábado 26 de outubro: Arzúa-Boimorto 22Km e Touro 25Km

  • 4. Domingo 27 de outubro: Santiso 22Km e O Pino 19Km


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para participar é preciso inscribirse nesta ligazón ata 17 de outubro ás 23:59 horas:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page